Pablo Morán - A música ‘popular’ en Galicia, artigo na revista Estaribel, do Sindicato Galego da Música - Federación do Espectáculo de CCOO - núm 0 - xaneiro 1987 (pp. 6 e 7), e Xornada laboral, letra dunha canción orixinal de P. M. sobre a profesión (p.10)
http://biblioteca.ccoo.cat/intranet-tmpl/prog/en/local_repository/documents/20138_33619.pdf
http://biblioteca.ccoo.cat/intranet-tmpl/prog/en/local_repository/documents/20138_33619.pdf
XORNADA LABORAL letra e música de Pablo Morán
Nunca desperto moi cedo
xa que eu traballo de noite,
e entre o furgón e o meu coche
paso o meu tempo viaxando.
Saio da casa ás catro
despois de tomar café
e volvo feito un farrapo
mirando o día romper.
Canta, negro, que para iso che pagan.
Toca, negro, e amodiño co que falas (bis).
Hoxe é unha discoteca,
maña unha "Sociedad",
o xoves ternos dobrete
e o venres festa local.
Equipos sofisticados,
control por ordenador
e palcos medio amañados
con corrente de motor.
Canta, negro.....
Pasodobles, cumbias, tangos,
os cuarenta principais,
algunha cantiga vella
e o rock de "Ilegales".
O furgón ven cara o palco,
a festa chega ó remate
e outra vez mais que ficamos
sen o seguro social.
Canta, negro, ...
____________________
'Xornada laboral' foi publicada como segunda canción do disco LP de América Sabor genuino, Dial discos, 1989
https://youtu.be/BuT-q9BJrTo?t=180



Sem comentários:
Enviar um comentário